Axenda
Este mesmaio, 2026
Roteiros
Sábado 6 de xuño 2026
Visitamos o Pazo Museo de Otero Pedrayo en Trasalba, o mosteiro de Oseira e o Museo Etnográfico Liste, na mesma localidade ourensá. Xantamos no Carballiño. Roteiro a cargo de Felipe Senén López.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 08h30. Chegada de volta antes das 21h00. Prezo: 55 € socio@s. 70 € non soci@s. Xantar incluído no restaurante Derby (O Carballiño). Percorridos a pé curtos e sen dificultade. Inscrición nesta mesma páxina antes de 03/06/26. Prioridade soci@s.

Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se […]
O professor Carlos Taibo acompanha-nos nesta rota pola extraordinária capital do norte português. Um percurso de dous dias derivado do seu livro O nosso Porto. Um olhar a partir da Galiza (Através, 2024), que se apresentará na sexta-feira 4 na Sala Azul do […]
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal