Axenda
Este mesmaio, 2026
Roteiros
Sábado 23 de maio 2026
Recollemos a intensa memoria dos fuxidos, a represión e a loita guerrilleira na comarca e aproveitaremos para coñecer anacos da súa historia anterior. Visitaremos valiosos bens patrimoniais como o Castro de Castromaior (Portomarín) ou algunhas igrexas románicas, entre as que sobresae a de Santa María de Castro de Rei de Lemos.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h00. Chegada de volta antes das 21h30. Prezo: 50 € socio@s. 65 € non soci@s. Merenda – cea incluída.
Percorridos a pé curtos e sen dificultade.
Inscrición nesta mesma páxina antes de 20/05/26
Prioridade soci@s.


A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal