Axenda
Este mesoutubro, 2026
Roteiros
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo.
Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona polideportivo). Camiñada de 9 km (aprox), bastante doada. Visítase o lugar da batalla, o castelo de Pambre (exterior) e o castro de Remonde. Xantar na Eira da Xoana (Ramil, A Golada). Acto informativo sobre a instalación da macrocelulosa Altri na localidade. Regreso a Betanzos sobre as 20h00. Traer comida e bebida. Prezo do transporte 14 € (Socios/as); 17 € (non socios/as); 7 € menores. Preinscrición en roxinroxal.gal antes do 18/04/24. Prioridade socios/as.
O professor Carlos Taibo acompanha-nos nesta rota pola extraordinária capital do norte português. Um percurso de dous dias derivado do seu livro O nosso Porto. Um olhar a partir da Galiza (Através, 2024), que se apresentará na sexta-feira 4 na Sala Azul do […]
Roteiro que, da man do naturalista Fernando Bandín, percorrerá o esteiro do río Lambre entre as parroquias de San Pantaleón das Viñas (Paderne) e Miño. Incluirá unha análise crítica do estado da ría de Betanzos. A actividade desenvolverase conforme ás […]
Saída do autocarro: 08:30 de Betanzos, zona polideportivo A Serra do Iribio (tamén chamada Oribio), na antesala do Courel entre os concellos de Samos e Triacastela, é outro espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico, tamén ameazado pola ofensiva […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal