Axenda
Este mesoutubro, 2026
Roteiros
Reserva de praza entre o 2 de maio á 10:00 horas e o 11 do mesmo mes nos correos da asociación roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal. Prioridade soci@s de Roxín Roxal.
Roteiro que, da man do naturalista Fernando Bandín, percorrerá o esteiro do río Lambre entre as parroquias de San Pantaleón das Viñas (Paderne) e Miño. Incluirá unha análise crítica do estado da ría de Betanzos. A actividade desenvolverase conforme ás restricións vixentes na data de celebración a causa da pandemia da Covid-19. É necesario anotarse nos correos roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal entre o 2 (10:00 horas) e o 11 de maio. Prioridade soci@s de Roxín Roxal.
Saída: Torre de Celas (Culleredo). 09h30. O Monte Xalo, a escasa distancia da Coruña, e un espazo singular de grande valor ecolóxico e paisaxístico. Cada un dos seus penedos (pedra da Mazafacha, penas Galleiras, Igrexa dos Mouros…) garda historias certas […]
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS. Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal