Axenda
Este mesabril, 2026
Roteiros
Prazas completas. Inscricións pechadas
20 de setembro de 2025
O proxecto LABRECOS (Dordaño, Cesuras) merece ser coñecido e valorado: “É un estilo de vida. Seguimos dedicándonos á produción de horta e cría de gando seguindo prácticas máis sostibles e rexenerativas que respecten os equilibrios da natureza.” (labrecos.com)
Coa guía do arqueólogo Antón Malde camiñaremos polos arredores para visitar dous elementos patrimoniais de moito interese: os castros de Dordaño e o chamado Torre de Mira, co seu impresionante muro defensivo. Percurso bastante doado (3.5 km.), a non ser pola maleza que poida haber nos arredores do castro.
Roteiro aberto e gratuíto. Traer comida para xantar no local da granxa Labrecos. Saída ás 10h00 da granxa Labrecos Sociedade Cooperativa Galega. Localización en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/gZyuBpCZVu4WibCj8
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS. Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas […]
Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se […]
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal