Axenda
Este mesmaio, 2026
Roteiros
Prazas esgotadas. Pechadas as inscricións.

PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas pedras da Torre xunto con Fernando Patricio e o falecido Milucho, toda unha lenda no bairro de Monte Alto. É un roteiro doado de camiñar, que durará aproximadamente dúas horas e media.
Inscricións nesta mesma páxina. Prazas limitadas. Prioridade soci@s!

Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se […]
18 de abril de 2021. Entre regos é o nome do primeiro roteiro de primavera de 2021. Trátase dun percurso circular que sae da Praza de Afonso IX cara a ponte da vía do tren para subir ata a Igrexa […]
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal