Axenda
Este mesmarzo, 2026
Roteiros
Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se chegou a incluír a independencia de Galiza, é o obxecto deste primeiro dos Roteiros de Primavera de 2025. Terá tres localizacións: Betanzos, Carral e Santiago.
Saída ás 09h30 de Betanzos (monumento a Antolín Faraldo, zona da Ponte Vella). Faraldo e os sucesos de 1846 en Betanzos, a cargo de Henrique del Río. Ás 11:30 horas, ofrenda aos mártires en Carral (Vía Galega) e roteiro teatralizado a cargo da A. C. Abril de Lume e Ferro. Pola tarde, roteiro explicativo da Revolución Galega do 1846 en Santiago de Compostela, da man de César Caramês.
Chegada sobre as 21h00 a Betanzos
Prezo: 12 euros soci@s. 20 euros non soci@s.
Anotarse antes de 22/04/25 en roxinroxal.gal
Prioridade soci@s
Xantar en Carral, en espazo aberto. Traer comida.
Prezo: 12 euros soci@s. 20 euros non soci@s.
Inscrición antes de 22/04/25 nesta mesma páxina web.
O professor Carlos Taibo acompanha-nos nesta rota pola extraordinária capital do norte português. Um percurso de dous dias derivado do seu livro O nosso Porto. Um olhar a partir da Galiza (Através, 2024), que se apresentará na sexta-feira 4 na Sala Azul do […]
18 de abril de 2021. Entre regos é o nome do primeiro roteiro de primavera de 2021. Trátase dun percurso circular que sae da Praza de Afonso IX cara a ponte da vía do tren para subir ata a Igrexa […]
1 e 2 de xuño Sábado 1: Saída de Betanzos ás 14:30. Roteiro histórico por Monção. Merenda – cea no furancho Alto da Aldea (Goián). Noite en hotel perto de Valença. Domingo 2: Roteiro “Chandebrito, entre a marabilla e o […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal