Axenda
Este mesxaneiro, 2026
Roteiros
As terras de Samos e o seu mosteiro beneditino de San Xulián gardan unha estreita relación con destacadas figuras das nosas letras. Feijoo, Cabanillas, Sarmiento, Murguía, Cunqueiro e os actuais Xabier Quiroga e Henrique Costas, autores de novela histórica, aparecen no reconto dos autores ligados a Samos.
Neste roteiro literario teremos a oportunidade de visitar o mosteiro con guía e intérprete propio e de asistir, para quen o desexe, a unha misa que inclúe canto gregoriano.
O historiador Xaime Fernández Castro guiará o roteiro.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 08h45. Chegada de volta ás 21h00. Prezo: 45 € socio@s. 60 € non soci@s. Xantar incluído no Restaurante A Veiga. Percorrido curto e sen dificultade.
Inscrición nesta páxina web antes de 03/09/25
O professor Carlos Taibo acompanha-nos nesta rota pola extraordinária capital do norte português. Um percurso de dous dias derivado do seu livro O nosso Porto. Um olhar a partir da Galiza (Através, 2024), que se apresentará na sexta-feira 4 na Sala Azul do […]
20 de setembro de 2025 O proxecto LABRECOS (Dordaño, Cesuras) merece ser coñecido e valorado: “É un estilo de vida. Seguimos dedicándonos á produción de horta e cría de gando seguindo prácticas máis sostibles e rexenerativas que respecten os equilibrios da […]
“A cidade é un libro que se le camiñando” di Agustín Fernández Paz. Da man de Xurxo Souto recuperamos a memoria do gremio de mareantes, o máis importante da nosa cidade. Este percurso pola Pescaría e a Cidade Vella comeza […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal