Axenda
Este messetembro, 2024
Roteiros
Saída do autocarro: 08:30 de Betanzos, zona polideportivo
A Serra do Iribio (tamén chamada Oribio), na antesala do Courel entre os concellos de Samos e Triacastela, é outro espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico, tamén ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Neste roteiro paisaxístico e literario lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos. Andaina de 13,5 km por terreo sen grandes complicacións.
Actividade de mañá e tarde. Trasporte desde Betanzos e merenda-cea no Restaurante A Veiga en Samos.
Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 35 € Non socias: 45 €. Até 18 anos: 20 €. Roteiro con preinscrición na páxina web roxinroxal.gal.
Prioridade persoas socias. Información actualizada nesta páxina web e nos enderezos electrónicos ola@roxinroxal.gal e roxinroxal@yahoo.com
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]
Saída: Torre de Celas (Culleredo). 09h30. O Monte Xalo, a escasa distancia da Coruña, e un espazo singular de grande valor ecolóxico e paisaxístico. Cada un dos seus penedos (pedra da Mazafacha, penas Galleiras, Igrexa dos Mouros…) garda historias certas […]
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS. Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas […]
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal