En Roxín Roxal estamos claramente comprometidos. O xenocidio en marcha na Palestina é a maior das catástrofes que nos tocou ver na nosa vida. Non podemos calar e faremos o que estea nas nosas mans para romper o muro de silencio e complicidade arredor desta traxedia.
Por iso, despois das entrevistas con Mohamed Safa (31/01/25) e Sami Ashour (17/06/25), o próximo venres recibiremos outro dos palestinos residentes na Galiza, membro activo de organizacións solidarias co seu pobo. Trátase de Amir Ismaíl, médico traumatólogo e organizador da Plataforma Sanidade Galega con Palestina.
Será o venres 12 ás 18h00.
