No estudio de gravación de Roxín Roxal, o xornalista Daniel Seixo entrevistou Mohamed Safa, médico palestino radicado en Galiza. Resistente desde a diáspora, Safa levanta a súa voz contra unha guerra xenocida que no último episodio causou máis de 47.000 mortos de todas as idades, incluídos nenos e nenas. Safa é autor do libro “La segunda nakba palestina. El proceso de paz” (Utopía, 2020).
