
Comezamos o ano exercendo a solidariedade con Palestina en colaboración coa A. C. Eira Vella.
O pasado venres 31, ás 20:00 horas e no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, tivemos Mohamed Safa falando sobre a ocupación e o xenocidio en Palestina. Safa é médico oftalmólogo e está radicado en Galiza desde hai ben anos. Incansábel loitador desde a diáspora polos dereitos do seu pobo, tamén é autor de varios libros, entre os que se atopa “La segunda nakba palestina. El proceso de paz”.
O acto estivo completado pola cantante Bea a de Estrella, que ofreceu as súas cancións solidarias coa causa dos máis febles.

Bea a de Estrella