A ofensiva dos parque eólicos chega á nosa comarca e ameaza a integridade natural e arqueolóxica do Monte do Gato, sito entre os concellos de Coirós, Aranga e Oza-Cesuras.
Dentro dos seus Roteiros de Primavera 2021, a ACLP Roxín Roxal programa unha mesa redonda sobre a problemática deste prezado espazo mariñán. Este acto terá lugar en liña o próximo 20 de abril, ás 20:30. Ademáis, o domingo 2 de maio faremos unha rota polo lugar, da man do arqueólogo Antón Malde e o naturalista Fernando Bandín. Consultade a programación dos Roteiros de Primavera 2021 para máis información.