Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Pechadas inscricións 🙁
O xacemento arqueolóxico das Penas do Castelo (Salcedo, Pobra do Brollón) é un dos máis enigmáticos dos descubertos, escavados e estudados en Galiza nos últimos tempos. Coa guía do arqueólogo Xosé Gago e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón, visitaremos tamén o castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa. Andaina doada. Saída ás 09h00 de Betanzos. Roteiro de mañá e tarde, con regreso a Betanzos antes das 22h00. Prezo (transporte e merenda-cea no furancho O Currio): 35 € (soci@s); 45 € (non soci@s) 16 € (menores). Inscricións nesta mesma páxina desde 07/09/24 até 18/09/24. Prioridade persoas socias.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal