Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Reserva de prazas nos correos da Asociación roxinroxa@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal
Impresionantes petróglifos antropomorfos en Vilarmaior. A observación nocturna é a máis axeitada para aprecialos no seu detalle. A hora de saída será as 20:30 desde o Concello de Vilarmaior. A visita correrá a cargo de Jorge García Varela, Guía de reservas naturais. Levar roupa axeitada ás condicións atmosféricas que se presentaren, bo calzado e unha lanterna para alumar polo camiño!
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal