Axenda
Este messetembro, 2024
Roteiros
En conxunto coas asociacións veciñais da zona, repetiremos esta andaina comentada, dado o número de persoas que quedaron fóra o 2 de maio a causa das restricións en participantes da Covid-19.
Reedición do roteiro organizado por Roxín Roxal en 2006. Este novo percurso ten como obxectivos o de estudar e difundir o valor arqueolóxico, ecolóxico e paisaxístico dun espazo de singular importancia na nosa comarca, hoxe severamente ameazado pola ofensiva dos parques eólicos. Guiará o arqueólogo Antón Malde, acompañado do naturalista Fernando Bandín, a secretaria da comunidade de montes Aranza González, a bióloga Mónica Fernández-Aceytuno e Adela Figueroa Panisse, de ADEGA.
(https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/monte-do-gato-felga-sanmil-75700950). Actividade aberta.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal