As terras de Samos e o seu mosteiro beneditino de San Xulián gardan unha estreita relación con destacadas figuras das nosas letras. Feijoo, Cabanillas, Sarmiento, Murguía, Cunqueiro e os actuais Xabier Quiroga e Xosé-Henrique Costas, autores de novela histórica, aparecen no reconto dos autores ligados a Samos. Neste roteiro literario teremos a oportunidade de visitar o mosteiro con guía e intérprete propio.
A visita estará a cargo do historiador samanense Xaime Fernández Castro.
E ás 18:00 horas, no Salón Multiusos de Samos, o escritor Xosé-Henrique Costas presentou os libros da triloxía Banu Marwan, a estirpe do galego.