O 26 de abril de 2025 lembramos e celebramos a Revolución Galega de 1846. As novas investigacións históricas sobre os feitos achegan unha perspectiva ben fundamentada e novidosa. Lonxe de ser un pronunciamento ao uso da época, 1846 foi unha revolución en toda regra, na que sobresaíron proclamas independentistas.
Henrique del Río apróxímanos á figura de Faraldo polas rúas de Betanzos. Vía Galega e a AC Lume e Ferro lévannos da man por Carral na homenaxe aos mártires alí fusilados e, finalmente, César Caramês percorre connosco Santiago para visitar os escenarios da Revolución.