O pasado venres 22 de xuño tivemos en Betanzos a presentación do Libro negro da lingua galega, de Carlos Callón. Este traballo supón unha das novidades editoriais máis interesantes dos últimos meses en Galiza.
Con anterioridade, e tamén como adoita ser normal nos actos literarios que organizamos, Carlos Callón foi entrevistado en streaming desde o estudio de gravación de Roxín Roxal, a través das canles ACLP Roxín Roxal de Facebook e YouTube.