O próximo venres 22 teremos en Betanzos a presentación do Libro negro da lingua galega, de Carlos Callón. Este traballo supón unha das novidades editoriais máis interesantes dos últimos meses en Galiza. O acto terá lugar no Salón Azul do Ed. Arquivo, ás 19:30 horas.
Despois da sesión teremos, como é habitual, uns petiscos de confraternidade, seguramente no restaurante A Cabana (Fiobre, Bergondo). Podédesvos anotar nos correos roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal.
Con anterioridade, e tamén como adoita ser normal nos actos literarios que organizamos, Carlos Callón será entrevistado en streaming desde o estudio de gravación de Roxín Roxal. Iso será á 17:30, e poderase ver a través das canles ACLP Roxín Roxal de Facebook e YouTube.