Dupla presentación de libros no Salón Azul do arquivo de Betanzos.
Contos do Mar de Irlanda, de Xurxo Souto. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: O Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48° N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan.
De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio. O Priam, un dos buques da Blue Funnel Line, naufragou nas Illas Sisargas nos primeiros días de xaneiro de 1889. As correntes achegaron até os areais de Alba e Sabón gran cantidade da carga do barco: centos de metros de teas de la e algodón, un baúl ateigado de libras esterlinas, e tamén un piano que acabaría soando no primeiro café que houbo na baiuca, o Café Verán.