Comezamos o ano exercendo a solidariedade con Palestina.
O próximo venres 31, ás 20:00 horas e no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, teremos a Mohamed Safa falando sobre a ocupación e o xenocidio en Palestina. Safa é médico oftalmólogo e está radicado en Galiza desde hai ben anos. Incansábel loitador desde a diáspora polos dereitos do seu pobo, tamén é autor de varios libros, entre os que se atopa “La segunda nakba palestina. El proceso de paz”.
O acto estará complementado pola cantante Bea a de Estrella, que ofrecerá as súas cancións solidarias coa causa dos máis febles.
Bea a de Estrella