maio, 2025

24mai09:30XeoRuta do Arsénico (litoral de Meirás, Valdoviño)Roteiros de Primavera 2025

Sinopse

A costa de Meirás (Valdoviño) está chea de tesouros xeolóxicos, como as dunas remontantes a carón do faro de Punta Frouxeira, ou o afloramento de rochas subvolcánicas. Nas minas de arsénico explotouse un mineral chamado arsenopirita, que as veces tiña incluso cantidades significativas de ouro e prata. Duración 4 horas, 6 km (aprox.). Dificultade baixa. Traer calzado cómodo.

Roteiro de mañá en colaboración co Xeoparque Cabo Ortegal. Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h30. Paso por Ferrol ás 10h00. Prezo : 14 € soci@s. 20 € non soci@s. Xantar en espazo aberto. Traer comida. Volta despois do xantar. Inscrición antes de 21/05/25.

Máis

Cando

24 maio 2025 - 09:30

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

XeoRuta do Arsénico (litoral de Meirás, Valdoviño)
X