Axenda
Este mesmaio, 2025
Roteiros
A costa de Meirás (Valdoviño) está chea de tesouros xeolóxicos, como as dunas remontantes a carón do faro de Punta Frouxeira, ou o afloramento de rochas subvolcánicas. Nas minas de arsénico explotouse un mineral chamado arsenopirita, que as veces tiña incluso cantidades significativas de ouro e prata. Duración 4 horas, 6 km (aprox.). Dificultade baixa. Traer calzado cómodo.
Roteiro de mañá en colaboración co Xeoparque Cabo Ortegal. Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h30. Paso por Ferrol ás 10h00. Prezo : 14 € soci@s. 20 € non soci@s. Xantar en espazo aberto. Traer comida. Volta despois do xantar. Inscrición antes de 21/o5/25.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal