Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros
Pechadas as inscricións
Saída: Torre de Celas (Culleredo). 09h30.
O Monte Xalo, a escasa distancia da Coruña, e un espazo singular de grande valor ecolóxico e paisaxístico. Cada un dos seus penedos (pedra da Mazafacha, penas Galleiras, Igrexa dos Mouros…) garda historias certas e lendas sorprendentes. Guía o percurso Lois Vilar Hermidas, experto coñecedor da zona. Actividade gratuíta. Dificultade media. Inscrición até 12/10/23.
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS. Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas […]
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo. Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona […]
Roteiro que, da man do naturalista Fernando Bandín, percorrerá o esteiro do río Lambre entre as parroquias de San Pantaleón das Viñas (Paderne) e Miño. Incluirá unha análise crítica do estado da ría de Betanzos. A actividade desenvolverase conforme ás […]
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal