Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Reserva de prazas nos correos da Asociación roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal.
O luns 13 de setembro programamos dúas visitas guiadas ao Pazo de Meirás (xardíns, capela e dependencias exteriores). O límite de prazas a 20 aconséllanos programar visitas de mañá e tarde para que cadaquén escolla o horario (11h. ou 17 h.) que máis se lle axeite. As visitas serán guiadas pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, de Sada. Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores do libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio serán os guías.
O luns 28 de setembro haberá unha nova vista en horario de tarde (17:00 horas), para a que terán prioridade as persoas que, debido ao límite de prazas, ficaron fóra nas visitas anteriores.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal