Axenda
Este mesxaneiro, 2026
Roteiros
xaneiro

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.
Entrevista Daniel Seixo.
Máis
22 xaneiro 2026 - 19:00 - 22 xaneiro 2026 - 20:00
febreiro
06feb20:00Fremosas. Cantigas de amigo e amorDúo Barahúnda en concerto. Salón Azul (Betanzos)

‘Fremosas’ é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa. Helena de Alfonso e Jose Lara
‘Fremosas’ é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a este corpus literario un proxecto completo, co que aspiran a estender o coñecemento e desfrute destas cancións con voz de muller.
“Este quinto traballo de Barahúnda pretende ser un artefato musical, literario e divulgativo. Foi proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que fomos creando a través dos anos, máis as que se compuxeron exclusivamente para esta, a nosa persoal colección de lírica medieval galego-portuguesa”.
Dúo Barahúnda: Jose Lara Gruñeiro e Helena de Alfonso.
Máis
6 febreiro 2026 - 20:00
O histórico nacionalista Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) expón ideas clave...
Memorábel actuación de SondeNós o pasado 13 de decembro. Recibimos o Nadal...
Foi o pasado xoves 27 en Betanzos. Presentación do libro "Castelao, desta terra...
Excelente representación da obra de teatro O diamante máxico polo grupo Disque...
O pasado 13 de novembro Carlos Taibo disertou sobre o seu libro "Bakunin frente...
https://youtu.be/w7qYrnmAGXk A Federación Galiza Cultura converte o Samaín...

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal





