O xenocídio do povo palestino ergueu unha onda de solidariedade en todo o mundo e tamén na Galiza. Aínda que insuficiente para pór fin ao masacre, a solidariedade galega con Palestina levouse a cabo no meio de numerosos esforzos de persoas coletivos incansábeis na defensa da dignidade humana. Moitas destas persoas están sendo perseguidas polas súas actividades de oposición ao masacre.
Comentan Bruno Lopes, Borxa González e Rosana Prieto. Entrevista Daniel Seixo.


