O martes 28 de xaneiro de 2020 tivemos no noso estudio de gravación a Fernando Bandín, veterano ecoloxista, activista en positivo e promotor, desde Fragas do Mandeo, de significadas iniciativas de voluntariado e de custodia do territorio.
Fragas do Mandeo é unha entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas.
Presenta María Gutiérrez Calvete.