Nun episodio que pasou inadvertido para a prensa do noso país, hai poucos días a policía italiana detiña a galega Cristina Moreira na praza vaticana de San Pedro baixo o cargo da presunta usurpación do “hábito talar”.
Cristina Moreira, muller sacerdote católica, celebra misa (en galego, naturalmente) desde hai anos na Comunidade do Home Novo na Coruña, aínda que en aberta contradición coa oficialidade da Igrexa. Francesa e galega ao mesmo tempo, Cristina mantén as súas raíces familiares nunha parroquia do noso concello de Paderne.
Daniel Seixo conduce a entrevista a Cristina, na que se poderá participar a través das canles de YouTube e Facebook de Roxín Roxal.