A comezos do século XVI un grupo de monxas mantivo unha singular pelexa contra os poderes do seu tempo. Carme Varela, autora da peza teatral As desterradas (Premio Follas Noivas de Teatro 2022) e membro de O Sorriso de Daniel, guiaranos nesta rota por Albeos (Crecente) e a veciña localidade minhota de Melgaço.
En Albeos visitaremos as ruínas do Mosteiro de San Fiz, lugar onde se desenvoulve a traxedia das desterradas. Tamén o Pazo da Fraga e as pesqueiras do río Miño. En Melgaço, unha parada obrigada será a capela da Nossa Senhora da Orada.
Dado que as persoas socias teñen prioridade, a inscrición definitiva será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Saída do autocarro: Betanzos, zona polideportivo, 8:30 horas. Chegada de volta a Betanzos sobre as 21:30 horas. Límite de prazas. Prioridade soci@s. Dificultade baixa. Levar comida. Aboar transporte á empresa, directamente no autobús: 15 euros soci@s, 20 non soci@s. É necesario preinscribirse. Data Límite: 1 de xuño.