ROTEIRO POR CARNOTA – ROXIN ROXAL
Ola de novo a todas e todos!
Despois da traxedia do Monte Pindo non só non cancelamos o próximo roteiro por Carnota senón que o organizamos con máis entusiasmo. Engadimos a defensa do monte e a denuncia dos ocultos intereses que promoven a destrución do noso País como un obxectivo máis da nosa acción.
O sábado 21 sairemos de Betanzos ás 8.15. O primeiro día dedicarémolo ao petróglifos da zona: As Laxiñas, Porta Verntosa, Filladuiro e Rego Lamoso. Para poder observalos con máis detalle lavaremos, como en outras ocasións, un gran plástico negro e unha lanterna. Hai que levar comida: ese día xantaremos no transcurso do roteiro. Despois do mesmo, teremos a merenda-cea, e durmiremos no hostal Cachiño, en Lira.