Axenda
Este mesxuño, 2025
Roteiros
21 de xuño de 2025, 17h00
Despois de recollidas e deixadas ao orballo na noite de San Xoan, as herbas do solsticio posúen, segundo a a nosa tradición, moitas propiedades máxicas.
A bióloga Elia Pérez do Grupo Naturalista Hábitat guíanos nesta andaina de pouca dificultade. Duración: 3 horas.
Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se […]
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal