Axenda
Este mesnovembro, 2025
Roteiros
PRAZAS ESGOTADAS
“A cidade é un libro que se le camiñando” di Agustín Fernández Paz. Da man de Xurxo Souto recuperamos a memoria do gremio de mareantes, o máis importante da nosa cidade. Este percurso pola Pescaría e a Cidade Vella comeza no Pórtico de Santo André e remata no adro da igrexa da Santa María.
Acompañádenos nesta viaxe pola cidade-barco! A Coruña, esa cidade tatuada na pétrea pel do mar, nas palabras de Luísa Villalta.
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS. Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a esta privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas […]
As terras de Samos e o seu mosteiro beneditino de San Xulián gardan unha estreita relación con destacadas figuras das nosas letras. Feijoo, Cabanillas, Sarmiento, Murguía, Cunqueiro e os actuais Xabier Quiroga e Henrique Costas, autores de novela histórica, aparecen […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal