Na lembranza de J. V. Viqueira e na celebración do centenario das Irmandades da Fala, camiñamos desde a casa do escritor até Betanzos.
Na Quinta de San Vitorio, residencia que foi de Johan Vicente Viqueira, celebramos un acto de homenaxe coa participación das e dos exalumnos da escola unitaria de Vixoi, que presentaron traballos feitos no seu día sobre o seu ilustre paisano. Rosario, veciña do lugar, e Alicia, mestra no seu día da escola de Vixoi, tomaron tamén a palabra.
O acto rematou no cemiterio de Ouces, onde repousan Johan Vicente a a súa filla Luisa Viqueira Landa. Luisa, falecida dous anos antes, fora galardoada como Republicana de Honra en 2010. Varios asistentes dirixíronse aos presentes, entre eles o presidente de RR, Anxo López Buxán.
O noso amigo Moncho do Orzán interpretou o Himno Galego.