O xacemento arqueolóxico das Penas do Castelo (Salcedo, Pobra do Brollón) é un dos máis enigmáticos dos descubertos, escavados e estudados en Galiza nos últimos tempos. Coa guía do arqueólogo Xosé Gago e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón, visitaremos tamén o castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa. Saída ás 09h00 de Betanzos. Andaina doada. Roteiro de mañá e tarde, con regreso a Betanzos antes das 22h00. Prezo (transporte e merenda-cea no furancho O Currio): 35 € (soci@s); 45 € (non soci@s) 16 € (menores). Inscricións nesta mesma páxina desde 07/09/24 até 18/09/24. Prioridade persoas socias.
Axenda
Este mesoutubro, 2024
Roteiros