Sábado 9 de decembro. Emprendemos a Ruta do sabio percebeiro Milucho Mariñas, con Xurxo Souto. Once anos despois, voltamos a este privilexiado lugar da Coruña da man de Xurxo. En 2012 Xurxo guiáranos polas pedras da Torre xunto con Fernando Patricio e o falecido Milucho, toda unha lenda no bairro de Monte Alto. É un roteiro doado de camiñar, que durará aproximadamente dúas horas e media.
PRAZAS ESGOTADAS. PECHADAS AS INSCRICIÓNS