Despois da cancelación da actividade por causas totalmente alleas á nosa vontade (avaría do autocarro que nos ía levar e imposibilidade de atopar substituto) , atopamos novas datas para incluír esta actividade nos próximos Roteiros de Outono.
De momento non se admiten novas inscricións. Farémolo cando saibamos se quedan prazas libres despois de que as persoas xa anotadas confirmen ou anulen a súa participación na nova data.
Comezaremos a visita no Mosteiro de Paço de Sousa (Penafiel), exemplo e modelo da arte románica da zona. Despois seguiremos polas pequenas e belas igrexas de Boelhe, Vila Boa de Quires e Abragão, onde tamén visitaremos o Centro de Interpretação da Escultura Românica. A cea e a noite serán na localidade de Amarante (Hotel Navarras).
Á mañá seguinte camiñaremos (6 km., fácil) pola Ecopista do Tâmega até Gatão, fermosa igrexa románica en cuxo cemiterio repousa o filósofo e escritor Teixeira de Pascoaes, home moi relacionado con Galiza e figura sobranceira entre os membros da Xeración Nós. Despois visitaremos os mosteiros de Mancelos (onde nos deteremos especialmente na figura do pintor Souza-Cardoso), Travanca e Pombeiro, co seu órgao neoclásico en pleno funcionamento.
Prezo combinado do transporte, seguro, aloxamento (cuarto duplo), cea do 17 e xantar do 18: 120 € (soci@s); 140 € (non soci@s); 60 € menores. Suplemento cuarto individual: 27 €. Prioridade soci@s. Saída do autocarro: sábado 17 ás 08h00 de Betanzos (polideportivo). Chegada domingo 18 ás 21h30.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.