Monumentos megalíticos, torres medievais, igrexas románicas con pinturas góticas e renacentistas; a cultura do viño, as historias de guerrilleiros e as experiencias revividoras do rural conforman este percurso polas beiras do Miño, nas terras do pobo galaico dos lemavi.
O percurso comezou en Portomarín. da man de Xesús Mato.
Seguiu polas igrexas de Sta Maria de Nogueira de Miño e Pesqueiras, a adega Sabatelius e o pazo de Sabadelle. No segundo día visitamos Monforte, S. Miguel de Eiré, Seteventos, Sto. Estevo de Ribas de Miño, S. Paio de Diomondi e o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz.
En Sabadelle, Xosé Figueroa ilustrounos sobre o episodio e o lugar da morte de Xosé Castro, o Piloto, o derradeiro guerrilleiro antifranquista.
Xosé Castro Veiga, Piloto