Entrevista emitida o pasado 29 de marzo polas canles ACLP Roxín Roxal de YouYube, Facebook e Twitch.
Recentemente Vía Galega editou un caderno no que se recolle o papel protagónico das mulleres na historia de finais do século XIX e do século XX na Galiza. A través deste traballo coral no que participan Aurora Marco, Pilar G. Negro, Marga Corral, Carme Vidal, Daniela Ferrández, Montse Fajardo e Lucía Veciño repasamos a impronta imborrábel e imprescindíbel das mulleres na guerrilla antifranquista galega, nas loitas obreiras e agrarias, na construción e posterior reconstrución do nacionalismo galego e na loita polas liberdades sexuais. Asemade, recuperamos os nomes dalgunhas delas que ficaron borradas polo medo, polo esquecemento ou pola desinformación.
Así, esta pequena publicación que xa está en distribución pretende contribuír á memoria e á historia dun pobo cheo de dignidade, combatividade e rebeldía que as mulleres construíron.