Descripción
Con esta actividade de fin de semana Roxín Roxal quere contribuír á recuperación do Courel, comarca especialmente maltratada polo desastre ecolóxico deste verán, o maior incendio forestal rexistrado na historia de Galiza.
€0,00
Roteiros de Outono 2022
PREINSCRICION. Unha vez confirmada a praza, a organización poñerase en contacto cos participantes para definir o xeito de aboamento das cantidades correspondentes a transporta, aloxamento e comidas.
Día 8: Andaina comentada pola zona de Seoane (área non queimada). Visita á Fundación Uxío Novoneyra (Parada do Courel) e outros lugares de interese na localidade. Cea e aloxamento en Seoane ou proximidades. Día 9: Andaina comentada pola zona de Folgoso (área parcialmente queimada). Xantar na cantina O Pontón (Ferreirós). Visita comentada á Madeiroteca do escultor Urbano Arza (Folgoso) e a outras experiencias na zona.
Dispoñible para reserva
Con esta actividade de fin de semana Roxín Roxal quere contribuír á recuperación do Courel, comarca especialmente maltratada polo desastre ecolóxico deste verán, o maior incendio forestal rexistrado na historia de Galiza.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal