7 de febreiro de 2020. O Entroido de Samede preséntase na Sala Xulio Cuns do Arquivo de Betanzos. Emi Cagio, unha das principais inspiradoras da recuperación desta celebración tradicional, presenta o seu libro “Historia e recuperación do Entroido de Samede“, nunha sesión inesquecíbel.
En RR consideramos que o inmenso labor de recuperación desta festividade tradicional é un feito que enche de orgullo e satisfacción a todo Paderne.
Apoiamos!
Esta é a entrevista a Emi e José Antonio Cagiao, feita no estudio de gravación uns días antes:
RR agradece ao Concello de Betanzos a súa colaboración neste acto.