O primeiro dos Roteiros de Primavera 2019 foi un percurso até o santuario rupestre da Pena Furada, no concello de Coirós. Antón Malde, descubridor do xacemento, foi o encargado de ilustrar os asistentes sobre este singular monumento.
En 1986 foron descobertas unha serie de gravuras entre as cais destacaba a Moura, unha figura cos atributos femininos moi marcados. Investigacións posteriores descobren coincidencias astronómicas e apuntan á existencia dun santuario galaico-romano no lugar.
O percurso, que foi organizado en colaboración con Rutas de Historia rematou na igrexa parroquial de Santa María de Lesa.