O próximo venres 3 de febreiro ás 20:00 h. teremos no Salón Azul do Edificio Arquivo o acto de inauguración da exposición “Pingas de humor crítico” do ilustrador brigantino Xoán Andrade.
Xoán, que é socio destacado de Roxín Roxal, recolle nesta exposición os seus traballos de varias décadas como debuxante e caricaturista, nos que colaborou con varios medios dixitais e en papel, como Sermos Galiza, Nós-Diario Galego ou La Región. Podemos ver unha boa colección dos seus traballos no seu blogue, tamén chamado Pingas de humor crítico.
No acto de inauguración actuará o grupo vocal SondeNós, formado en parte por intérpretes pertencentes á coral Canta Compaña —á que recentemente tivemos a oportunidade de desfrutar en Betanzos—, entre eles a súa directora Julia Cea.
A exposición estará aberta do 3 de febreiro ao 8 de marzo no Edificio Arquivo de Betanzos.