marzo, 2026

Sinopse
A praza da Quintana acollerá o vindeiro 14 de marzo ás 12h unha asemblea multitudinaria e aberta na que Queremos Galego presentará á sociedade os resultados do proceso social Lingua
Sinopse
A praza da Quintana acollerá o vindeiro 14 de marzo ás 12h unha asemblea multitudinaria e aberta na que Queremos Galego presentará á sociedade os resultados do proceso social Lingua Vital.
“Este acto marcará un punto de inicio para que entidades sociais, concellos, deputacións e a propia Xunta teñan claro que medidas cómpre desenvolver”, en palabras do voceiro da plataforma de entidades de defensa da lingua, Marcos Maceira.
Representantes das 57 entidades sociais que participaron no proceso social anunciaron este evento multitudinario na rolda de presentación das liñas xerais do documento Lingua Vital, elaborado por máis de 100 persoas activas nos ámbitos dos dereitos lingüísticos, a calidade da lingua, servizos públicos, ensino, sociedade e economía, medios de comunicación, novas tecnoloxías, cultura e acción exterior, a partir das máis de 1300 achegas procedentes das asembleas convocadas en todas as comarcas.

Máis
Cando
14 marzo 2026 - 12:00


Deixa un comentario