Dirixido pola musicóloga e soprano Julia Cea, o coro Canta Compaña ofereceunos o pasado 25 de novembro un extraordinario concerto no marco inigualábel da brigantina igrexa de Santiago. Tras unha primeira parte na que sobresaíu a música medieval galega das Cantigas de Santa María, a exquisita formación musical deleitounos na segunda parte con diversas composicións populares e de autor, xeralmente en linguas minorizadas como o euskara, o occitano ou o maorí.
Dedicamos o concerto á entrañábel memoria do noso socio Antonio García Díaz, recentemente falecido. Grazas á Unidade Pastoral de Betanzos polo seu apoio.
Repetiremos actuación para o próximo ano!