Co Salón Azul cheo, o pasado venres 9 de decembro proxectouse en Betanzos a curtametraxe A rosa incandescente, unha produción cinematográfica sobre a figura de Rosalía de Castro. O filme foi galardoado co primeiro premio no Aracnea Film and Book Festival de Castellaneta, Italia. A súa produtora e guionista Anxos García Fonte estivo connosco para comentarnos sobre a súa obra.
Parabéns a Anxos e a toda a equipa de A rosa incandescente. Seguiremos a apoiar as producións propias!