A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. (A. Vilar Ponte, 1916).
A piques de se cumpriren os cen anos da fundación das Irmandades da Fala na Coruña, esta rota marítima e terrestre celebra a impronta galeguista da cidade que anos atrás enterrara multitudinariamente a Curros. Moncho do Orzán comenta o percorrido pola Coruña, Xurxo Souto faino no traxecto en barco.
Hónranos coa súa presenza Elvira Varela Bao, referente da memoria histórica na Coruña, filla dos históricos galeguistas Elvira Bao Maceiras Ramón Varela.