Axenda
Este messetembro, 2026
Roteiros
Se nos Roteiros de Primavera visitabamos unha adega tradicional de viño do país (ìmolo seguir facendo na próxima tempada), toca agora coñecer a experiencia dos viñateiros ou vignerons betanceiros, autodescritos como “románticos do viño e do territorio, que buscan recuperar o oficio e poñer a viticultura de Betanzos no mapa galego, español e mundial”.
Andaina, visita ás viñas, encontro con viticultores e veciños, visita guiada á Esperela (Paderne). Xantar opcional en Taberna Casa Beade, en Samede (Vigo, Paderne). Menú de callos, costela de porco con castañas, sobremesa, viño de Betanzos. Opción sen carne.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h15. Roteiro de mañá. Opcional: xantar en restaurante Beade (Samede), con proba de viños de Betanzos. Prezo (sen xantar): 5 € socio@s. 10 € non soci@s. Menores gratis. Con xantar: 30 € soci@s. 35 € non soci@s. Andaina sen dificultade.
Inscrición antes de 22/09/26. Prioridade soci@s.
ESPECIFICAR CON OU SEN XANTAR EN RESTAURANTE NO APARTADO COMENTARIO DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se […]
21 de xuño de 2025, 17h00 Despois de recollidas e deixadas ao orballo na noite de San Xoan, as herbas do solsticio posúen, segundo a a nosa tradición, moitas propiedades máxicas. A bióloga Elia Pérez do Grupo Naturalista Hábitat guíanos […]
Roteiro que, da man do naturalista Fernando Bandín, percorrerá o esteiro do río Lambre entre as parroquias de San Pantaleón das Viñas (Paderne) e Miño. Incluirá unha análise crítica do estado da ría de Betanzos. A actividade desenvolverase conforme ás […]

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal