setembro, 2026

Sinopse
O monte da Espenuca ardeu a inicios do pasado mes de agosto. A pronta actuación dos bombeiros forestais logrou evitar un dano grave, pero persiste a preocupación de que no
Sinopse
O monte da Espenuca ardeu a inicios do pasado mes de agosto. A pronta actuación dos bombeiros forestais logrou evitar un dano grave, pero persiste a preocupación de que no futuro se produza na nosa bisbarra un gran incendio forestal de consecuencias catastróficas. Conversaremos co edafólogo Dr. Serafín González Prieto e co biólogo ambiental D. Xabier Vázquez Pumariño sobre o fenómeno dos lumes forestais, para coñecer a imprescindible achega da ecoloxía e do ecoloxismo no debate sobre este asunto de tanta actualidade, centrándonos nas características que presenta no territorio galego e as posibilidades de aumentar a resiliencia dos nosos montes e aldeas. A charla será emitida telematicamente co obxecto de darlle maior audiencia, para o que contamos coa colaboración técnica de Roxín Roxal.

Máis
Detalles do evento Virtual
Cando
16 setembro 2026 - 20:00


Deixa un comentario